Benvido/a a Letras Vivas
Encontros con creadores e creadoras
Co catálogo de creación Letras vivas, a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, ofrece un conxunto de actividades, baseadas na palabra, para desenvolver polas asociacións, organizacións, centros e entidades que as desexaren presentar ante o público co que contan.
Nas distintas epígrafes aparecen creadoras e creadores con experiencia contrastada e, para o noso xuízo, con capacidade abonda para realizar actos de calidade, dirixidos a calquera público, consonte as especificacións que figuran nas respectivas fichas.
Estas actividades, caso de se realizaren arredor das datas marcadas no Calendario da lectura, fixado pola propia Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, contarían co cofinanciamento deste órgano da Administración, cos límites que determinaren a dispoñibilidade orzamentaria e mais o número das solicitudes.
Cremos que este escaparate de creación resultará moi útil para as persoas que se ocupan de organizar eventos de carácter cultural, dado que se trata dun recurso de consulta doada, que fornece unha información fundamental para este labor de dinamización, básico para o desenvolvemento da nosa cultura.
